EDUCACIÓN

O VI Premio Compostela de Álbums Ilustrados, na Feira do Libro de Frankfurt

10/10/2013 A obra Mamá, da arxentina Mariana Ruiz Johnson, gañadora do VI Premio Internacional Compostela de Albums Ilustrados, serve de decorado do stand que a editorial Kalandraka ten ata o 13 de outubro na Feira Internacional do Libro de Frankfurt. A autora recibirá o seu premio no mes novembro nun acto presidido polo alcalde compostelán, Ángel Currás.

Ademais da obra gañadora nesta edición, en Frankfurt tamén se expoñen os álbums galardoados en edicións anteriores do certame. Coa presenza na feira alemá, o Premio Compostela -convocado cada ano pola Concellería de Educación e a editorial Kalandraka- reforza a súa proxección internacional.

Compartir: