ALCALDÍA

Encontro co embaixador da India en España

10/10/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o embaixador da India en España, Sunil Lal.

O diplomático indio está de visita en Galicia para manter distintos contactos destinados fundamentalmente a promover oportunidades de negocio. A India é unha das economías mundiais con maior crecemento, polo que resulta especialmente atractiva para investimentos en sectores como o turismo, as novas tecnoloxías, as infraestruturas ou as enerxías renovables.

Compartir: