XUVENTUDE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A concelleira de Xuventude e Normalización Lingüística repasou cos universitarios as actividades do seu Departamento

10/10/2013 Actividades de voluntariado, certames de música, lecer e tempo libre, formación en linguas estranxeiras, cursos de cociña ou actividades de fomento do uso do galego entre a comunidade universitaria internacional de Santiago son algunhas das accións que a Concellería de Xuventude e Normalización Lingüística ofrece aos mozos e mozas da cidade.

A titular do Departamento, Rebeca Domínguez, presentoulle estas actividades a un grupo de alumnos universitarios nun encontro mantido no Colexio Maior A Estila. Animou aos mozos e mozas a participar nestas accións e, deste xeito, non só formarse, senón tamén ser partícipes da vida da cidade na que agora lles toca residir boa parte do ano.

Compartir: