DEPORTES

Recoñecemento aos éxitos do equipo de fútbol sala feminino Funeraria Apóstol

30/06/2006 O equipo de fútbol sala feminino Funeraria Apóstol pasou polo Concello, onde foi recibido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, trala súa recente victoria no Campionato de España.

As futbolistas recibiron felicitacións pola temporada realizada, na que foron segundas na Liga autonómica, o que lles deu dereito a participar na competición estatal que veñen de gañar.

Compartir: