ALCALDÍA

Reunión de Ángel Currás co empresario xaponés Hirosuke Matsui

08/10/2013 O empresario xaponés Hirosuke Matsui reuniuse en Raxoi con Ángel Currás, respondendo así á invitación que o alcalde lle fixera na súa recente visita a Xapón. No encontro participou tamén a concelleira de Turismo, Reyes Leis.

Este coñecido empresario nipón está en Galicia nunha viaxe de catro días para coñecer a varios dos produtores galegos cos que traballa e na busca doutros novos. Hirosuke Matsui posúe unha cadea de restaurantes en Xapón –un deles no ático do Instituto Cervantes de Tokio- e unha empresa comercializadora de produtos españois.

A delegación xaponesa estaba tamén composta pola pediatra Eriko Hayakawa; pola xornalista Yoko Yasuda; e pola especialista en produtos cardiovascualares Mayumi Kaneko.

Compartir: