PARQUES E XARDÍNS

Acto vandálico na xardinería do entorno das instalacións deportivas de Sar

07/10/2013 A concelleira de Sostibilidade, María Pardo, fixo un chamamento aos cidadáns para que denuncien comportamentos vandálicos como os producidos nestas fin de semana, co levantamento dunhas 200 plantas de temporada das zonas axardinadas do entorno das instalacións deportivas de Sar.

María Pardo cualificou como un "sinsentido" actos vandálicos coma este, que "non producen ningún beneficio a quen os realiza, pero si causan un importante dano económico e de imaxe ao Concello". Neste sentido, lembrou que das arcas municipais se destinaron uns 27.000 euros a plantas da temporada primavera-verán e uns 20.000 euros no outono-inverno para "embelecer a cidade", gasto que se incrementa cando se producen estragos como o citado.

Ademais deste tipo de actos vandálicos, a concelleira lembrou que tamén se veñen producindo roubos de plantas. Neste sentido, puxo como exemplo o acontecido nas zonas axardinadas do Cruceiro do Gaio.

Compartir: