CULTURA

Teatro & Danza comeza temporada con "Imprudentemente deseé" e "[Retro]visor"

07/10/2013 O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou as obras que abren o ciclo Teatro & Danza para esta última parte do ano, acompañado de Pedro Fresneda e Jorge Rúa, director de Teatro Ensalle e actor de Imprudentemente deseé, e Antía Otero e Isaac Garabatos, que porán en escena (Retro)visor.

No Teatro Principal teremos a celebración en Compostela do décimo aniversario da compañía viguesa Ensalle, unha aposta do máis alternativo de Galicia, en crecente prestixio, que nos trae Imprudentemente deseé os días 8 e 9 de outubro. Entradas á venda a 10 euros.

A Zona C que acolle as propostas escénicas máis alternativas do programa e, tras a estrea do guateque global Mornings, de Blanca Cendán e Suso Alonso, xa no mes de setembro, continuará a programación os días 10, 11 e 12 de outubro coa proposta de poesía expandida (Retro)visor, de Antía Otero e Isaac Garabatos. Entradas á venda a 8 euros.

Compartir: