CULTURA

Catorce novas 14 propostas musicais para pechar a temporada do ciclo Sons'13

04/10/2013 O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a programación do ciclo Sons’13 para rematar o temporada. Un variado cartel que traerá a Compostela diferentes ritmos musicais que encharán de son o Teatro Principal, a Zona C e outros espazos como a o Centro Galego de Arte Contemporánea e a Sala Capitol.

Abrirá o ciclo Na Sala Capitol, sábado 5 de outubro, Rafael Lechowski, considerado como un dos grandes letritas de rap en lingua hispana, e calificado como valor literario. A súa música conxuga tres xéneros: jazz, rap e poesía, concepto que o propio artista bautizou co nome de "japp".

Pola outra parte, o escenario do Teatro Principal acollerá a Aldasair Fraser & Natalie Hass, que traerán a Sons a tradición celta e escocesa. Capaces de explorar ao mesmo tempo o son máis tradicional e as novas posibilidades da fusión do violín e do cello nunha proposta que reinventa o matrimonio musical clásico entre violíns grandes e pequenos, unha característica habitual da música escocesa no século XVIII. Será o martes 22 de outubro. E a New Orleans Gospel Chorale chega ao Teatro mércores 18 de decembro con Espirituais Negros, unha forma musical específica dos Estados Unidos. Son o produto da interacción da música e a relixión de África coa música e a relixión de orixe europea. Esta forma tivo a súa orixe na escravitude negra nos Estados Unidos, unha institución central na vida económica e social americana durante os séculos XVIII e XIX.

Será na Zona C, onde Ton Risco Quintento presentará o 13 novembro o seu novo disco Impronunciable. Formado entre Galicia, Holanda e Nova York, o percusionista Ton Risco (Ourense, 1979) propón un achegamento ás raíces do hard bop.

Este espacio de uso múltiple (Zona C) acollerá tamén dúas propostas moi especiais: Victor Coyote e Dancemacumba. O primeiro ofrecerá o martes 3 de decembro un programa dobre que abrangue microteatro e microconcerto, presentando -nun espectáculo 2x1- varias das súas facetas: cantante, compositor, actor, escenógrafo, autor. Este programa dobre consta de dúas obras independentes -unha, absolutamente teatral, O fotógrafo de Soutelo, aproximación escénica a Virxilio Vieitez; e outra, un concerto en solitario, Toneca e local.

A danza experimental de Dancemacumba levará á Zona C, o mércores 4 de decembro, un programa que partirá da súa formación de base jazzística e onde de seguro estarán presentes a improvisación, a música libre e a danza.

Sons’13 achegarase tamén ao CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), o sábado 30 de novembro, da man de Amatorski, unha das promesas do pop electrónico europeo, chegado de Bélxica.

O ciclo completarase co xa presentado Festival Sons Tránsitos, que traerá ao Teatro Principal sete concertos en tres xornadas, de xoves a sábado. Na primeira xornada (xoves 10 de outubro) Amesmalúa, unha proposta musical que fusiona a música galega co flamenco, presenta en Galicia o seu primeiro CD, La misma luna. Logo, Eliseo Parra, un dos principais representantes da música tradicional española, ofrecerá un concerto no que nos amosará o seu último traballo, Canciones tradicionales de La Rioja.

Na segunda xornada (venres 11 de outubro) de Sons Tránsitos poderemos ver a Pedro Pastor (fillo de Luis Pastor e Lourdes Guerra, e sobriño de Pedro Guerra), un cantautor novo que xa está a destacar no panorama estatal. E tamén poderemos escoitar a Chico César, un dos máis destacados representantes da música brasileira, que nos presenta o seu espectáculo Aos vivos agora, que repasa toda a súa carreira.

E como peche de Sons Tránsitos (sábado 12 de outubro) poderemos gozar de tres concertos: La Musgaña, que presenta Entre dos; Pentalfa, un novo proxecto musical galego, con cinco músicos ligados a Luar na Lubre, entre os que se encontra Bieito Romero; e, por último, Acetre, un dos grupos tradicionais máis veteranos de Estremadura.

Compartir: