BENESTAR SOCIAL

O Concello renova o seu compromiso coa Fundación Secretariado Xitano

04/10/2013 A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu á inauguración do novo local da Fundación Secretariado Xitano (rúa do Ulla, 27 – Pontepedriña) e asinou o convenio de colaboración entre o Concello e a Fundación para o desenvolvemento do Programa Acceder.

O Concello colabora con 20.000 euros ao desenvolvemento deste Programa Acceder. O convenio correspondente a este ano 2013 asinárono a concelleira e a directora territorial da Fundación Secretariado Xitano en Galicia, Eva Vera.

Tal como lembrou María Castelao, este é o primeiro dos convenios con entidades sociais que se asina. Seguiranlle os demais nas vindeiras semanas, "renovando o compromiso coas entidades de carácter social, cuxas axudas se duplicaron dende a chegada do actual Goberno municipal", dixo. A edil aproveitou tamén para felicitar á Fundación polo seu "magnífico traballo para a inclusión laboral de mozos e mozas de etnia xitana" e polas súas novas instalacións.

En Santiago, o Programa Acceder púxose en marcha en 2004. Un total de 427 persoas participou este ano 2013 no proxecto, lográndose 383 contratos de traballos, o acceso ao mercado laboral de 105 persoas e a formación de 313 persoas.

Compartir: