XUVENTUDE

O CSCX do Ensanche acolle a exposición "Dalí e daquí", das novas creadoras María Neira, Ángela Brea e Isabel Pazos

03/10/2013 O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo), acolle do 3 ao 30 de outubro a exposición Dalí e daquí, das artistas María Neira Nogueiras, Ángela Brea Fernández e Isabel Pazos Pose. A Concellería de Xuventude quere, con mostras como esta, dar a coñecer o traballo dos novos creadores da cidade.

A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, inaugurou a exposición destas tres estudantes de Belas Artes, que reúne algunhas das súas últimas creacións. Partindo da pintura e abarcando outros ámbitos, o traballo de María Neira, Ángela Brea e Isabel Pazos baséase en amosar as diferentes perspectivas da súa percepción do ser humano.

As obras destas artistas representan as súas vivencias e experiencias persoais en lugares dispares, pero mantendo vínculos comúns.

Compartir: