MEDIO AMBIENTE

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela organiza unha Xornada de Portas Abertas co profesorado

30/09/2013 O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) realiza este martes 1 de outubro, entre as 18:00 e as 19:00 horas, unha Xornada de Portas Abertas para o profesorado dos centros escolares de Santiago.

Co inicio do curso 2013-2014,o CIAC quere amosar de primeira man as instalacións e recursos didácticos que os mestres teñen á súa disposición no centro. Por outra banda, o CIAC, ofreceralles unha serie de actividades de educación ambiental adaptadas a cada nivel educativo e visitas guiadas á exposición permanente que hai no centro, para que todo o alumnado poida acceder e coñecer máis polo miúdo o seu medio ambiente máis inmediato.

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela está localizado no parque de Belvís, no edificio dun antigo curtidoiro. O CIAC quere ser un espazo aberto á participación ambiental da cidadanía e conta con recursos didácticos e actividades que axudan a comprender mellor a relación entre a cidade e o seu medio ambiente.

Máis información na web do CIAC e en Facebook

Contacto: 981 543 145 e ciac@santiagodecompostela.gal

Compartir: