ALCALDÍA

O Consello da Cultura Galega celebrou o XXX aniversario da súa creación

27/09/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á conmemoración do XXX aniversario da creación do Consello da Cultura Galega. No acto tamén participaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.

Con este acto conmemorábase a aprobación da Lei pola cal o Parlamento de Galicia creaba en 1983 o Consello da Cultura Galega. O evento contou coas intervencións de Víctor F. Freixanes, Helena Villar e Domingo Docampo, persoeiros da cultura galega vinculados ao Pleno da institución ao longo destes 30 anos. Tamén se proxectou un documental que recolle a historia e os proxectos do Consello da Cultura Galega.

Compartir: