ALCALDÍA

O alcalde inaugura este xoves o novo campo da festa de Nemenzo

24/09/2013 Os veciños de Nemenzo contan xa cun novo campo para celebrar as festas patronais de Santa Cristina, o 27 e 28 deste mes de setembro. O acto inaugural celebrarase este xoves 26, ás 12.00 horas coa asistencia do alcalde compostelán, Ángel Currás, a concelleira de Obras, María Pardo, e membros da Asociación de Veciños.

O acondicionamento do campo da festa era unha demanda prioritaria da asociación veciñal de Nemenzo. Para a súa realización, o Banco de Terras de Galicia (BANTEGAL) cedeu de balde a parcela situada a carón da igrexa. A inversión foi de 100.000 euros, dos que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rexional (AGADER) achegou o 84%.

Compartir: