TRANSPORTE

TUSSA instala dez novas marquesiñas no rural

28/06/2006 Unha vez asinado o convenio que estabelece a posta en marcha do Plan de Transporte Comarcal de Santiago, unha das primeiras medidas será a instalación de dez novas marquesiñas na cidade. As localizacións elixidas están na estrada xeral das zonas de Santa Lucía, Roxos, Sigüeiro e Marantes.

Este novo modelo substituirá a outras tantas marquesiñas doutros modelos. A empresa TUSSA retirará as marquesiñas actuais para posteriormente avaliar o seu estado e arranxar aquelas que sexa posible, para a súa reubicación no contorno rural do Concello.

TUSSA continúa co seu plan trianual de instalar un total de 60 marquesiñas, a un ritmo de 20 cada ano, no rural de Santiago de Compostela, plan que tivo o seu inicio no ano 2005 e que, polo tanto, rematará no 2007. Deste xeito, coas dez instalacións correspondentes ao Plan de Transporte Comarcal, o rural de Santiago de Compostela quedará practicamente cuberto en canto a marquesiñas de transporte.

Compartir: