CULTURA

Posponse ata o luns 23 o concerto inagural da temporada de Real Filharmonía por un problema de saúde do barítono Simón Orfila

18/09/2013 O concerto de inauguración da nova temporada de abono do Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía, previsto para este xoves 19 no Auditorio tense que cancelar por unha indispoñibilidade vocal duns dos seus principais protagonistas, o barítono Simón Orfila. O recital, que se centrará en arias de óperas dos máis grandes compositores deste xénero, Mozart, Rossini e Donizetti (Don Giovanni, O barbeiro de Sevilla, Lucrezia Borgia ou Anna Bolena, entre outras), terá lugar o luns 23 de setembro, ás 21:00 horas, no mesmo escenario.

A Real Filharmonía de Galicia estará dirixida por Oliver Díaz e contará coa presenza da soprano Mariola Cantarero e o barítono Simón Orfila, unha vez recuperado, que porán voz aos temas seleccionados para a estrea da nova temporada da orquestra galega.

A entrada custa 10 euros, aínda que é de balde para os abonados. As persoas que adquiriron xa as entradas para este xoves poden utilizalas para asistir ao concerto do luns, xa que seguen sendo válidas. Os interesados en devolvelas teñen ata o vindeiro luns 23, ás 19:00 horas, para facelo, empregando a mesma canle utilizada na compra

Compartir: