DEPORTES

Un torneo de rugby homenaxeará as vítimas do accidente ferroviario de Angrois

20/09/2013 Este sábado 21, o rugby español homenaxeará as vítimas do accidente ferroviario de Angrois. Será grazas a un torneo benéfico ao que acudirán xogadores procedentes de toda España, salientando a participación da Selección Española de Veteranos, España Classics.

O torneo foi presentado nunha rolda de prensa na que estiveron o concelleiro de Deportes, Adrián Varela; o vicerreitor da Universidade de Santiago, Francisco Durán; o presidente da Federación Galega de Rugby, Ignacio Cociña; e o presidente do Santiago Rugby Club, Ramón Lamas.

O diñeiro recadado durante o torneo grazas á inscrición dos xogadores, á barra que se abrirá durante a competición no Estadio Universitario da USC e a un sorteo (que inclúe entradas para o VI Nacións 2014, noites de hotel e prendas deportivas cedidas por diversas empresas), será doado á Asociación de Prexudicados polo Accidente Ferroviario do Alvia de Santiago de Compostela (APAFAS).

Compartir: