ECONOMÍA

Ábrese o prazo de inscrición para as Xornadas Formativas Santiago Investors Support do mes de outubro

17/09/2013 A Concellería de Economía abre o prazo de inscrición, a través da súa web cersiaempresa.org, para as dúas xornadas formativas que se desenvolverán durante o mes de outubro dentro do programa Santiago Investors Support. As xornadas, gratuítas, destínanse a emprendedores, traballadores e estudantes universitarios ou de formación profesional.

A primeira xornada dedicarase á Estratexia empresarial. Cunha duración de oito horas, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, ten o obxectivo de amosar as técnicas que permiten establecer, executar e avaliar unha correcta estratexia empresarial. Terá lugar o 1 de outubro no edificio municipal Cersia e o prazo de inscrición remata o 26 de setembro.

Os temas que se tratarán son: Análise corporativo interno e externo; DAFO da situación corporativa; Matriz de Posición Competitiva; Mercados e grupos estratéxicos; Secuencias de crecemento; Estratexias funcionais; Decisións operativas e Plan de acción; Priorización de actuacións e Conta de Explotación.

A segunda xornada celebrarase o 17 de outubro, tamén no Cersia, en horario de mañá e de tarde. Neste caso tratará sobre Técnicas de venda. Os temas que se tratarán son: Atrévete a saír e coñecer xente; Confianza, paciencia e ilusión, o tridente das vendas; Prodúcete, o camiño cara a excelencia; Céntrate no que tes diante; Fideliza para toda a vida; Mercadotecnia e neuromercadotecnia; A conquista on/off line; Como seducir en tres minutos.

Compartir: