CENTROS SOCIOCULTURAIS

A primeira representación do ciclo "FEGATEA Móvete" estreou a programación estable da Sala Agustín Magán

14/09/2013 A Concellería de Centros Socioculturais únese ao circuíto de teatro afeccionado FEGATEA Móvete 2013 acollendo catro representacións na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta e no Centro Sociocultural de Vite. O grupo Rueiro, de Vigo, abriu o ciclo representando A miña muller e o fontaneiro.

A seguinte representación, o sábado 21 de setembro, na Sala Agustín Magán, ás 19:00 horas, correrá a cargo do grupo Atrezo Teatro, coa obra Eloxio da loucura, un drama para adultos sobre a reflexión da identidade.

A Asociación Comedias do Minho, de Verdoejo (Portugal) leva a escena o sábado 28 de setembro Lisístrata, de Aristófanes. A obra, unha comedia para adultos, apoiase en antigos rituais onde se enfrontan homes e mulleres, nun mundo ao revés.

Finalmente, o 5 de outubro, esta vez no Centro Sociocultural de Vite, pero tamén ás 19:00 horas, vez para O Trasno Novo Teatro de Vigo, coa obra Consuelo, un monólogo para adultos ao redor dos 70 anos da vida da protagonista, con algún ingrediente sorpresa.

A entrada ás representacións é de balde ata cubrir o aforo.

Compartir: