EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música supera xa os 400 alumnos no inicio do curso 2013-2014

13/09/2013 O luns 16 de setembro, ás 19:30 horas, a Escola Municipal de Música inaugurará o curso 2013-2014 cun acto no que participarán profesores e familias. A concelleira de Educación, María Castelao, asistirá a este evento de apertura.

Neste novo curso, a Escola Municipal de Música incrementa notablemente a súa matrícula, superando xa os 400 alumnos e alumnas, aínda que non ten finalizado o período de matrícula, que seguirá aberto ata finais do mes de setembro.

O plan educativo deste centro estrutúrase en 3 etapas: a Escola Infantil de Música, de 3 a 7 anos, onde os nenos e nenas se inician no mundo da música; o Plan de Estudos Xeral (PEX), que acolle o alumnado entre 8 e 15 anos; e o Plan de Estudos para Adultos (PEPA).

O acto inaugural contará coa actuación de Mario Diz (viola) e Guillermo Alzugaray (violonchelo).

Compartir: