NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Comeza o Obradoiro de creación literaria "Da memoria ao poema"

12/09/2013 O sábado 14 de setembro comeza o obradoiro de creación literaria que organiza a Concellería de Normalización Lingüística coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega.

Entre as 12:00 e as 14:00 horas vaise desenvolver a primeira das dez sesións que compoñen esta actividade conducida pola escritora Alicia Fernández, na sala de didáctica do Museo Fundación Eugenio Granell (no pazo de Bendaña).

Este obradoiro, que dá continuidade ao convocado o curso pasado, centrarase na poesía e traballará os recursos lingüísticos, mais tamén acudirá ao xogo e ás novas tecnoloxías para experimentar coas linguaxes poéticas. Haberá, así mesmo, un encontro cun poeta novo e un recital dos/as participantes.

As citas para as 20 persoas anotadas inclúen tamén as mañás do sábados 14, 21 e 28 de setembro, 5, 19, 26 de outubro e 9, 16, 23 e 30 de novembro.

Direccións relacionadas



Compartir: