TURISMO
A presentación inclúe unha degustación gastronómica, aberta aos interesados que pasen pola Estación Central, de produtos típicos de Galicia e da prefectura de Wakayama, onde se atopa a cidade de Tanabe. No caso de Santiago, os produtos son conservas, aportadas por Conservas Cuca, e viño, neste caso Señoría da Regas, de Bodegas Castrobrey, que actualmente xa se comercializa no país.
O alcalde tamén mantivo unha xuntanza con directivos de Mikami Travel, unha das axencias de viaxes que máis turistas xaponeses empregan para contratar as súas viaxes a España. No ano 2012 foron máis de 10.000 os xaponeses que coñeceron España a través dos seus paquetes turísticos. O obxectivo da reunión é que Santiago adquira cada vez un maior peso nas súas ofertas para o turismo xaponés, posicionando á cidade no mercado xaponés como un destino cultural, gastronómico e de natureza.
Santiago de Compostela promociónase na Estación Central de Tokio, pola que pasa cada día un millón de persoas
11/09/2013 A Estación Central de Tokio, pola que diariamente pasa un millón de persoas e na que se atopa o Centro de Información Turística, acolle durante todo o día unha presentación de Santiago e Tanabe, dentro da estratexia de promoción conxunta de ambas cidades, unidas por ser as cidades de destino das dúas rutas de peregrinación declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO: o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo.
A presentación contou coa presenza do alcalde de Santiago, Ángel Currás; do responsable da promoción turística do Concello de Tanabe, Masanori Ogawa; e do responsable de Turkish Airlines, Halil Günay. O obxectivo compartido tanto por Santiago e Tanabe como por Turkish Airlines é aumentar o fluxo de turistas entre ambos países a través do hub de Estambul, co cal Santiago ten unha nova conexión directa.A presentación inclúe unha degustación gastronómica, aberta aos interesados que pasen pola Estación Central, de produtos típicos de Galicia e da prefectura de Wakayama, onde se atopa a cidade de Tanabe. No caso de Santiago, os produtos son conservas, aportadas por Conservas Cuca, e viño, neste caso Señoría da Regas, de Bodegas Castrobrey, que actualmente xa se comercializa no país.