CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese o prazo de inscrición na viaxe á Asturias Mineira de "Imos de excursión"

09/09/2013 A Concellería de Centros Socioculturais, no marco do programa Imos de excursión 2013, abre o martes 10 de setembro a partir das 17:00 horas, o prazo para inscribirse na viaxe denominada "Asturias Mineira" que se desenvolverá os días 28 e 29 de setembro.

A viaxe, de dúas xornadas, achegará os participantes á historia de minería en Asturias, a través de visitas a centros de intereses como o Museo da Minería e da Industria na localidade de San Martín del Rey Aurelio, El Entrego, Laviana, o Museo da Siderurxia de Asturias ou o Ecomuseo "Valle de Samuño", en Langreo. O percorrido rematará na vila de Mieres.

O prezo, 88 euros por persoa en habitación dobre, inclúe o autocar, aloxamento en hotel, pensión completa, xantares concertados durante as visitas, guía acompañante, entrada aos museos e seguro.

Máis información do programa e inscrición nos centros socioculturais.

Documentos relacionados



Compartir: