CENTROS SOCIOCULTURAIS

Aberto o prazo para participar na viaxe á Galicia Atlántica de "Imos de excursión"

06/09/2013 A Concellería de Centros Socioculturais continua a desenvolver o programa Imos de excursión 2013. Desde este 5 de setembro está aberto o prazo para participar na próxima viaxe organizada no marco deste programa. Trátase da denominada "Galicia Atlántica", que se realizará o domingo 22 de setembro.

A excursión achegará os participantes á localidade de Tui para coñecer o seu atractivo conxunto histórico, ao Pazo Quiñones de León (Vigo) e á Illa de San Simón (Redondela). O prezo é de 33 euros, incluíndo transporte, guía, xantar, seguro, barco e as entradas con visita guiada aos puntos de interese fixados.

Máis información do programa e inscrición nos centros socioculturais.

Documentos relacionados



Compartir: