FESTAS

Raphael agasallou ao público que encheu a Quintana cunha gran noite musical

04/09/2013 Raphael volveu a Santiago tras o aprazamento do seu concerto das Festas do Apóstolo por mor do tráxico accidente ferroviario de Angrois. O público respondeu enchendo a praza da Quintana e o artista agasallouno cunha gran noite musical.

Ao longo de dúas horas e 45 minutos, Raphael exhibiu un repertorio composto polos seus temas de máis éxito, por cancións non tan coñecidas agora recuperadas e por temas do seu último disco. O público respondeu con entusiasmo e longísimos aplausos a un cantante que volveu deixar gala dunha voz privilexiada pola que non pasan os anos.

Compartir: