BENESTAR SOCIAL

Constituído o Consello Municipal das Persoas Maiores

27/06/2006 As persoas maiores de Compostela teñen xa un órgano no que manifestar as súas inquedanzas e propostas para mellorar as políticas municipais que lles afectan. Trátase do Consello Municipal de Persoas maiores, unha entidade consultiva que quedou constituída o luns 26 de xuño no Pazo de Raxoi.

Este novo órgano, que presidirá a concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira, está integrado por representantes dos tres grupos municipais e de diversos colectivos cidadáns. Unha vez coñecidos os membros, os mesmos poderán manifestar as súas suxestións na primeira reunión, que se celebrará tralo verán. Para entón, o Concello ten previsto presentar varias iniciativas destinadas aos nosos maiores, unha poboación que supón o 15% do total de Compostela.

Compartir: