FESTAS

Ábrese a taquilla para a compra das entradas para Raphael e Primal Scream

26/08/2013 Poderanse adquirir na billeteira do Teatro Principal en horario de 17:30 a 20:30 horas. As actuacións de Raphael e Primal Scream celebraranse os días 4 e 6 de setembro, respectivamente, no lugar inicialmente previsto, a praza da Quintana, despois de ser adiadas por mor da suspensión das Festas do Apóstolo a causa do accidente ferroviario do pasado 24 de xullo.

O edil de Festas, Francisco Noya, apuntou que Raphael e Primal Scream entenderon perfectamente o motivo da suspensión e, dende un primeiro momento, amosaron a máxima dispoñibilidade a buscar outras datas para os concertos.

Os horarios dos concertos e o escenario serán os inicialmente previstos, as 22:00 horas na praza da Quintana. As entradas mercadas inicialmente terán validez. Para quen queira compralas, a billeteira do Teatro Principal abrirá dende dende o 26 de agosto ao 6 de setembro en horario de 17:30 a 20:30 horas. Tamén se poden adquirir a través de Servinova.

A estes dous concertos de pago sumarase outro gratuíto, o de Soraya, o 5 de setembro, aproveitando así a infraestrutura instalada na praza da Quintana. Esta actuación tamén estaba prevista no programa das Festas do Apóstolo.

Ademais, o sábado 7 de setembro terá lugar a Xornada de Folclore Galego na Quintana ás 21:30 horas, cos grupos Ultreia, Cantigas e Agarimos, Brincadeira e Colexiata do Sar. Entrada libre.

Compartir: