ALCALDÍA
A regata desenvolverase en dúas xornadas no entorno das illas de Sálvora, Ons e Onza, pertencentes ao Parque Nacional Marítimo Terrestres das Illas Atlánticas. Así, o sábado 24 de agosto realizarase unha etapa costeira longa ata as inmediacións de Sanxenxo. A saída dos barcos dende o porto coincidirá co remate da primeira etapa da Volta Ciclista a España. Para o domingo 25 queda outra etapa costeira, de percorrido máis reducido, no entorno das Illas Atlánticas.
Estes eventos de barcos clásicos son habituais en diferentes partes de Europa e tamén en zonas de España como Cataluña ou Baleares, ademais da propia Galicia. De xeito paralelo á regata realizarase un concurso de fotografía aberto patrocinado por El Corte Inglés, que premiará as mellores instantáneas captadas durante ast res xornadas.
Recepción aos participantes na sexta edición da Regata Illas Atlánticas
22/08/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi os participantes na VI edición da Regata Illas Atlánticas. Esta proba de barcos clásicos e de época celébrase os días 23, 24 e 25 de agosto.
A VI edición da Regata Illas Atlánticas-Red Eléctrica, Trofeo Mercedes-Benz, terá como porto piloto o Club Náutico San Vicente, no Grove. Alí atracarán uns 30 barcos galegos, vascos e franceses.A regata desenvolverase en dúas xornadas no entorno das illas de Sálvora, Ons e Onza, pertencentes ao Parque Nacional Marítimo Terrestres das Illas Atlánticas. Así, o sábado 24 de agosto realizarase unha etapa costeira longa ata as inmediacións de Sanxenxo. A saída dos barcos dende o porto coincidirá co remate da primeira etapa da Volta Ciclista a España. Para o domingo 25 queda outra etapa costeira, de percorrido máis reducido, no entorno das Illas Atlánticas.