ALCALDÍA

O futuro cuartel da Garda Civil de Santiago construirase nunha parcela de Meixonfrío

26/06/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo na mañá do luns 26 de xuño unha reunión co secretario da xerencia de Infraestruturas e Equipamento da Seguridade do Estado, Gonzalo Jar.

O encontro serviu para encamiñar a construción do futuro cuartel da garda civil de Santiago, que estará ubicado nunha parcela de 12.000 metros cadrados en Meixonfrío. Segundo explicou Sánchez Bugallo, a actuación concretarase nun convenio que se asinaría, previsiblemente, despois da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Na reunión tamén estiveron o xefe de servizos de apoio da Dirección Xeral da Garda Civil, Juan Ramos Herráiz; o xeneral xefe da Garda Civil da zona de Galicia, Manuel Ferreiro; o Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, José Furelos; a subdelegada do Goberno na Coruña, Obdulia Taboadela, e o capitán da terceira compañía da Garda Civil, José María Ezeiza, entre outros.

Compartir: