ALCALDÍA

A selección española de baloncesto prepara o Eurobasket en Santiago e lembra as vítimas do accidente de Angrois

20/08/2013 A selección española de baloncesto chegou a Santiago de Compostela para disputar o partido preparatorio do Eurobasket 2013 contra Macedonia. Pero antes da competición, o combinado nacional quixo lembrar as vítimas do accidente ferroviario do 24 de xullo.

O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu a selección española na praza do Obradoiro, nese momento chea de visitantes e peregrinos. Tras unha foto de familia, a comitiva dirixiuse á Catedral de Santiago. Alí, a selección realizou unha ofrenda floral en memoria das vítimas do accidente de tren de Angrois.

Logo do acto, os xogadores e técnicos españois dirixíronse ao Multiusos Fontes do Sar para realizar un adestramento previo ao partido da tarde. O alcalde e a Corporación municipal presenciaron a sesión. Os xogadores entregáronlle a Ángel Currás unha camiseta e un balón asinado por todos.

Xa pola noite celebrouse o partido amigable entre España e Macedonia, preparatorio do Eurobasket 2013 de Eslovenia. O combinado nacional gañou por 66-61. Antes do partido gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente de tren.

Compartir: