CULTURA

Maxia cómica en "Verán na rúa"

12/08/2013 O mago Pablo Good Idea animára co espectáculo Pablo Superstar Cool as prazas da Quintana (martes 13) e San Martiño Pinario (mércores 14). Unha nova entrega do programa Verán na rúa.

Despois do éxito de Pablo Superstar. A historia máis grande xamais contada chega Pablo Superstar Cool. Desta volta, Pablo Muñoz ofrecerá unha lección maxistral de como debe comportarse unha Superstar no escenario, creando situacións tan absurdas como divertidas e interactivas co público.

Con este espectáculo, creado e escrito por Iván Prado e Pablo Muñoz, enfrontámonos a clases de cociña, amores imposibles, mascotas descaradas e ata situacións de escapismo imposible. Este espectáculo busca a risa do espectador a base de crear situacións absurdas de asimilar sen un nariz vermello no corazón. Combinando elementos de clown, maxia cómica e teatro absurdo, o público pasarao en grande. Está dirixido a nenos a partir de 4 anos. En caso de mal tempo, o espectáculo cambiaría ao Teatro Principal.

Compartir: