ALCALDÍA

Inaugurado o LVI Curso Internacional "Música en Compostela"

04/08/2013 A alcaldesa en funcións, Reyes Leis, inaugurou no Hostal dos Reis Católicos o LVI Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela, que se desenvolverá ata o 17 de agosto. 120 alumnos e alumnas de diversas nacionalidades participan nesta edición, que inclúe a celebración de oito concertos.

Organizado ininterrompidamente dende 1958, o Curso Internacional Música en Compostela ofrece ensinanzas en varias especialidades musicais e unha serie de concertos especiais. Alumnos de diversos países do mundo acoden cada verán a estas prestixiosas xornadas.

Compartir: