ACCIDENTE FERROVIARIO

Compostela lembrou en silencio na praza do Obradoiro as vítimas do accidente ferroviario

26/07/2013 A praza do Obradoiro acolleu cinco sentidos minutos de silencio en homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario acontecido o pasado mércores. Cidadáns anónimos sumáronse a esta convocatoria, que se repetiu á mesma hora noutros concellos galegos. Outras institucións galegas e españolas tamén convocaron actos de lembranza ás vítimas durante esa xornada.

O acto do Obradoiro estivo presidido polo alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado polo resto de integrantes da Corporación municipal. Tras os cinco minutos de silencio, o acto rematou cun prolongado aplauso dos presentes na praza.

Compartir: