ACCIDENTE FERROVIARIO

O Concello pon a disposición das familias dos afectados distintas opcións de aloxamento

25/07/2013 O Concello de Santiago puxo a disposición das familias dos afectados polo accidente ferroviario distintas opcións de aloxamento, grazas á colaboración de hostaleiros, residencias e familias da cidade.

O Concello e a Universidade de Santiago habilitaron para os afectados habitacións nas residencias universitarias Burgo das Nacións (60) e Monte da Condesa (70), e no colexio maior Rodríguez Cadarso (50).

Ademais, os hostaleiros composteláns, a través da Asociación Hostalería Compostela, organizaron un banco de habitacións sen límite tamén a disposición dos afectados. A estes aloxamentos súmase a solidariedade de moitas familias de Santiago que puxeron os seus fogares a disposición das vítimas e das súas familias.

Un servizo de transporte urbano transportará os afectados dende o edificio Cersia aos diferentes aloxamentos.

Compartir: