PARQUES E XARDÍNS

Os máis pequenos xa poden divertirse no novo parque de San Xoan de Vista Alegre

24/06/2006 As nenas e nenos de Vista Alegre xa poden gozar dos xogos e atraccións do novo parque de San Xoan, aberto na tarde do venres 23, coincidindo coas fogueiras e coas festas deste barrio. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou este espazo de lecer e compartiu a noite de festa coas veciñas e veciños.

O Concello investiu 70.500 euros neste novo parque, que conta con dúas zonas diferenciadas: unha para rapaces de dous a seis anos e outra para os nenos e nenas de seis a doce anos. Todos eles poden xa gozar das novas atraccións, aínda que, no primeiro día de apertura, compartiron protagonismo cos xogos e inchables instalados pola Concellería de Festas.

Con este xa son 46 os parques activos na cidade. Nos vindeiros meses está prevista a instalación de máis espazos de lecer e a renovación do equipamento doutros xa existentes.

Compartir: