CULTURA

Unha noite con Gabino Diego

23/06/2006 Gabino Diego invita aos composteláns a vivir dúas noites na súa compaña no Teatro Principal. O actor trae a Santiago o seu espectáculo "Unha noite con Gabino", un "prato combinado de comedia", nas súas propias palabras. A cita é o sábado 24 o domingo 25, ás 21:00 horas.

"A xente vaino a pasar moi ben", apuntou un entusiasta Gabino Diego na presentación do espectáculo en Compostela, na compaña do concelleiro de Cultura, Néstor Rego. Ao longo de hora e media falará de éxitos, de fracasos. Cantará cancións e paseará por un mundo de personaxes, pícaros, perdedores, triunfadores…algúns moi coñecidos polo público, que forman parte da fauna humana que o foi influíndo ao longo da súa vida.

O actor amosou a súa satisfacción por estar "por fin" en Santiago con este espectáculo, co que xa leva tres anos e máis de 300 actuacións. Aproveitou para lembrar as súas anteriores presenzas en Santiago, con "Golfus de Roma" e "Catón, un republicano contra César".

As entradas están á venda de 18:00 a 21:00 horas, na xornada do venres, e de 12:30 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas, o sábado e o domingo. Os prezos van dos seis aos catorce euros.

Compartir: