ALCALDÍA

Recepción á Orde do Camiño de Santiago polo seu XVII Capítulo Xeral

20/07/2013 A Orde do Camiño de Santiago celebrou o seu XVII Capítulo Xeral, dedicado nesta edición á BRILAT Galicia VII. Como parte dos actos previstos, os seus integrantes foron recibidos en Raxoi pola segunda tenente de alcalde, Amelia González.

Pola mañá, a Orde asistira á tradicional misa do peregrino, na que realizou a súa ofrenda ao Apóstolo, que correu a cargo do gobernador de Kwanza Sul (Angola), Eusebio de Brito Teixeira.

Para a tarde estaba previsto o acto de investidura de novos cabaleiros e damas en San Domingos de Bonaval e a asistencia a un concerto en homenaxe aos mesmos no Hostal dos Reis Católicos.

Compartir: