ALCALDÍA

Desconvocada a folga dos traballadores da empresa concesionaria da recollida do lixo

19/07/2013 A folga que ían iniciar o 21 de xullo os traballadores da empresa concesionaria do servizo de limpeza e recollida do lixo, Urbaser, foi desconvocada. Así o indicou o alcalde compostelán, Ángel Currás, quen agradeceu aos traballadores e á empresa a súa "responsabilidade compartida".

Ángel Currás valorou unha decisión que "evita un dano enorme para Compostela nestas datas". Neste sentido, referiuse aos problemas hixiénico-sanitarios que podería ter causado nestes días de intensa calor e ao "dano á imaxe de Compostela" durante as Festas do Apóstolo.

Compartir: