ALCALDÍA

O xardín do Colexio de Fonseca abre as súas portas ao público

16/07/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, asinaron no Reitorado o convenio de colaboración para o acceso público ao xardín do Pazo de Fonseca. Abre así as súas portas á cidadanía este espazo, situado entre a Biblioteca Xeral, a travesía de Fonseca e a praza de Rodrigo de Padron, onde está a porta de entrada.

O horario de apertura será de 9:00 a 18:30 horas en inverno e de 9:00 a 22:00 horas durante o verán. O Concello asume a xestión da apertura e do peche do recinto, así como a colocación de catro bancos e outro posible mobiliario. O acordo de apertura deste espazo de interese cultural ten unha vixencia de cinco anos.

Logo da sinatura o reitor e o alcalde visitaron o xardín de Fonseca, acompañados dos vicerreitores de Estudantes, Cultura e Formación e Continua e de Economía e Infraestruturas, Francisco Durán e Sara Cantorna, respectivamente e da concelleira delegada da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible, María Pardo Valdés.

Documentos relacionados



Compartir: