CENTROS SOCIOCULTURAIS

Amnistía Internacional presenta en Compostela unha exposición sobre a situación dos dereitos humanos en Colombia

22/06/2006 "Colombia: a situación dos dereitos humanos" é o título da exposición que, organizada polo grupo de Santiago de Amnistía Internacional, permanecerá ata o 30 de xuño no Centro Sociocultural de Conxo.

"A exposición reflicte a situación dun país mergullado nunha crise dos dereitos humanos permanente," sinalou Amnistía Internacional. "O conflito armado que afecta a Colombia dende hai corenta años enfronta ás forzas de seguridade e aos paramilitares cos grupos guerrilleiros nun ciclo de violencia. Decenas de miles de civís foros torturados, secuestrados ou desapareceron. Máis de tres millóns de persoas convertéronse nos últimos vinte anos en desprazados internos".

O peche da exposición, o venres 30 de xuño ás 20:00 horas, estará protagonizado pola actuación de Flakito, un cantautor que está a percorrer o Camiño de Santiago para denunciar a violación sistemática dos dereitos humanos en Colombia.

Compartir: