DEPORTES

A proba nocturana do CorreSan encherá as rúas do casco histórico de deportistas e afeccionados na súa segunda edición

11/07/2013 A terceira proba do ciclo de carreiras saudables CorreSan terá lugar na noite do sábado. O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou, xunto co delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo Iván Sanmartín, os detalles do percorrido, que comezará ás 23.00 horas praza da Quintana.

O CorreSan, organizado polo Concello de Santiago e a Federación Galega de Atletismo, trata de fomentar un estilo de vida saudable a través da práctica do deporte ademáais de constituír un intento por combatir o sedentarismo."Trátase de conxugar a vida cotiá co deporte e de atraer a turistas co motivo do deporte para que despois disfruten da cidade", remarcou o edil de Deportes.

A terceira proba do ciclo de carreiras saudables, na que xa hai máis de 800 inscritos, incluso de fóra de Galicia, celebrarase este sábado 13 pola noite.
O recorrido Nocturna Cidade Vella será de tres quilómetros, saíndo da praza da Quintana, pasando pola rúa do Vilar, rodeando a Alameda e volta cara á Quintana pola rúa Nova. Para os máis pequenos o circuito cínguese ás rúas Nova e Vilar.

O horario de saída é ás 22.15 para as categorías benxamín e alevín, ás 22.30 para as categorías infantil e cadetes e por último os adultos sairán a partir das 23horas.

Compartir: