URBANISMO

As obras de recuperación da Finca do Espiño comezarán en agosto

08/07/2013 A empresa CESPA será a encargada de levar a cabo as obras cun proxecto de aforro económico e no prazo de execución.
A súa proposta foi a mellor valorada no plano económico e no plano técnico.

A empresa CESPA presentou un proxecto valorado en 800.000 euros, o que supón unha rebaixa de aproximadamente 150.000 con respecto ao tipo de licitación. Ademáis tamén reduce o prazo de execución, que descende en 94 días sobre o prazo previsto, acadando un total de 296 días.

O proxecto de recuperación da Finca do Espiño enmárcase nunha serie de actuacións encamiñadas a buscar a máxima sostibilidade, mellorar as condicións de eficiencia na utilización das enerxías e aforrar no consumo de auga mediante unha mellor selección das novas especies a incorporar.

Co gallo do aforro e da sostibilidade, a empresa adxudicataria marcou unha serie de obxectivos: un consumo superior ao 60% de materiais reciclados e reciclables, unha xestión sostible de augas pluviais que inclúe a construción dun depósito de retención, así como de aceras de adoquín impermeable. En relación ao sistema de rego, CESPA plropuxo unha alternativa coa que se obtén un aforro do 91%.

Ademais tamén se prevee a implantación de LEDs, que xunto coa implantación de reguladores e da xestión centralizada, proporcionarán un aforro no consumo de enerxía eléctrica superior ao 70%.

Compartir: