CULTURA

O alcalde asistiu á inauguración da exposición NamGoong Moon sobre o Camiño de Santiago

08/07/2013 A Casa da Parra acolle esta exposición do artista coreano que realizou catro veces o camiño francés.

A mostra recolle a obra realizada polo autor despois de facer o camiño francés catro veces e plasma a fusión das culturas española e coreana.

No ano 2001 NamGoong Moon fixo por primeria vez o camiño e repetiu nas catro estacións do ano para comprobar os cambios que dan na paisaxe e na natureza. Este artista ten publicados cinco libros das súas experiencias do Camiño.

Compartir: