CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan as actividades do programa Vive o verán dos Centros Socioculturais

04/07/2013 O concelleiro de Centros socioculturais participou no obradoiro "medrar en familia" que tivo lugar no Centro Sociocultural de Santa Marta

Esta actividade, enmarcada no programa Vive o verán promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais, tratábase dun obradoiro para bebés de 6 a 36 meses. Esta é a segunda sesión xa que a primeria tivo lugar o pasado día 2 de xullo no Centro Sociocultural de Conxo

Esta actividade vaise levar a cabo en 6 centros soiculturais así como unha obra de teatro para bebés noutros 2 centros co título Chove, a cargo de Fanfarria de Sonos. Con esta acción a través da plástica, o son e o xogo estimularase a comunicación, a creatividade e a sensibilidade dos bebés, e ofreceranse ideas creativas para os pais e nais.

As actividades deste programa, que conta cunha ampla oferta de lecer sociocultural adaptada ao verán, continúan ata o 28 de setembro.

Compartir: