TUSSA

Pecha definitivamente o aparcadoiro municipal de Cornes

21/06/2006 O vindeiro sábado 24 de xuño será o último día de apertura do aparcadoiro municipal de Cornes. Este espazo fora inaugurado no 2001 cun carácter provisorio, mentres non se iniciaba a urbanización do polígono 1 SUP-2 de Cornes na antiga estación de ferrocarril. Agora que se van iniciar as actuacións urbanísticas nesta zona, o aparcadoiro desaparece.

Dende a empresa TUSSA, que tivo a encomenda de xestionar a superficie durante estes anos, agradécese a todos os clientes a fidelidade amosada.

Compartir: