Venres 28 de febreiro 2020
Axenda
"Xirarei: deseño de cubertas no disco galego 1955/1995", mostra no Auditorio
Percorrido polo deseño gráfico que serviu para envolver e comercializar a nosa música.
Ata o 26 de xullo, no Auditorio de Galicia.
Axenda
A pianista Claire Huangci coa Real Filharmonía
Novo concerto do Ciclo de Piano Ángel Brage, desta vez coa pianista Claire Huangci, a cataora María José Pérez e a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Pablo González.
O venres 28 de febreiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Falar por falar", por Volta e Dalle, no Principal
Carlos Santiago e Pepe Penabade representan Falar por falar. #Posfunción ao remate do espectáculo.
O venres 28 de febreiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal
Axenda
Pista de xeo en Área Central (ata o 1 de marzo)
Volve a Área Central a pista de xeo natural, con 1.200 metros cadrados para a patinaxe.
Na praza de Europa (Área Central), ata o 1 de marzo.
Axenda
"Galicia, un relato no mundo", na Cidade da Cultura
A exposición explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade.
Do 15 de novembro de 2019 o 12 de abril de 2020, na Cidade da Cultura.
Axenda
O legado de Carlos Maside, na Fundación Eugenio Granell
O Concello de Santiago e a Fundación Eugenio Granell acollen as obras do Legado Maside, adquiridas polo Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña, coa mostra Carlos Maside.
Ata finais de ano, na Fundación Granell.