Mércores 9 de maio 2018
Axenda
Festas da Ascensión (do 9 ao 13 de maio)
Compostela celebra as festas da Ascensión cun amplo programa para todos os públicos e todos os petos.
Do 9 ao 13 de maio.
Axenda
"Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia 1956-1976", mostra no Auditorio de Galicia
Crónica fotográfica das sete campañas que Francesc Català-Roca realizou en Galicia entre 1956 e 1976.
Do 9 de maio ao 7 de outubro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"De como non casar. How not to get married", instalación de Olalla Castro e Nicoleta Moise
Itinerario gráfico, audiovisual e performativo con reinterpretación de supersticións, rituais e tradicións de Galicia e Compostela.
Do mércores 21 de marzo ao domingo 20 de maio, na Zona C.
Axenda
"Estratexias do desprazamento", de Antonio Muntadas
Mostra que revisa o traballo de Antoni Muntadas a través de proxectos específicos e incorpora o xiro recente da súa mirada cara á paisaxe.
Do 17 de febreiro ao 27 de maio, no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Axenda
"A pegada do coñecemento", exposición na Casa do Cabido
A exposición A pegada do coñecemento reúne os principais fondos da biblioteca histórica do IES Arcebispo Xelmírez I, unhas das mellores de toda Galicia e que foi restaurada durante os últimos dous anos co apoio do Consorcio.
Ata primeiros de xullo, na Casa do Cabido.
Axenda
"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"
Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.
Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.
Axenda
Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell
A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.
Na Fundación Eugenio Granell.