Martes 20 de febreiro 2018
Axenda
"Desemellanzas", fotografías de Calrús
O fotógrafo Calrús amosa unha selección de fotografías realizadas durante varios anos en lugares de diferentes países e continentes.
Do 2 de febreiro ao 9 de marzo, no Colexio de Fonseca.
Axenda
Exposición de esculturas do Mestre Mateo
A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.
Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.
Axenda
Décimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas
A décima edición do premio Auditorio de Galicia reune os traballos de 37 artistas de diferentes disciplinas.
Do 27 de novembro ao 8 de abril, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Global complexity", de Amine Asselman, na Zona C
Amine Asselman indaga na globalización e as fronteiras. Global complexity é unha evolución de Connected, unha peza que Amine fixo en 2016 para o MULAFEST Madrid.
Do 12 de xaneiro ao 11 de marzo, na Zona C.
Axenda
"Parafernalia", retrospectiva da obra de César Lombera
"Parafernalia" é unha retrospectiva da obra do escultor César Lombera, autor das estatuas das Marías e do Valle-Inclán da Alameda compostelá.
Ata despois de Semana Santa, na Casa do Cabido.
Axenda
"Estratexias do desprazamento", de Antonio Muntadas
Mostra que revisa o traballo de Antoni Muntadas a través de proxectos específicos e incorpora o xiro recente da súa mirada cara á paisaxe.
Do 17 de febreiro ao 27 de maio, no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Axenda
"Con-secuencias. Colección DKV"
A Fundación Didac e DKV Seguros presentan a exposición Con-secuencias. Colección DKV, con obras de 40 artistas.
Do 6 de febreiro ao 1 de abril, na Fundación Eugenio Granell, na igrexa da Universidade e na Fundación Didac.
Axenda
"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"
Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.
Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.
Axenda
Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell
A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.
Na Fundación Eugenio Granell.