Venres 16 de febreiro 2018

Axenda

"Desemellanzas", fotografías de Calrús

O fotógrafo Calrús amosa unha selección de fotografías realizadas durante varios anos en lugares de diferentes países e continentes.

Do 2 de febreiro ao 9 de marzo, no Colexio de Fonseca.

Axenda

Exposición de esculturas do Mestre Mateo

A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.

Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.

Axenda

Décimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

A décima edición do premio Auditorio de Galicia reune os traballos de 37 artistas de diferentes disciplinas.

Do 27 de novembro ao 8 de abril, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Global complexity", de Amine Asselman, na Zona C

Amine Asselman indaga na globalización e as fronteiras. Global complexity é unha evolución de Connected, unha peza que Amine fixo en 2016 para o MULAFEST Madrid.

Do 12 de xaneiro ao 11 de marzo, na Zona C.

Axenda

"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"

Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.

Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Estratexias do desprazamento", de Antonio Muntadas

Mostra que revisa o traballo de Antoni Muntadas a través de proxectos específicos e incorpora o xiro recente da súa mirada cara á paisaxe.

Do 17 de febreiro ao 27 de maio, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

"Con-secuencias. Colección DKV"

A Fundación Didac e DKV Seguros presentan a exposición Con-secuencias. Colección DKV, con obras de 40 artistas.

Do 6 de febreiro ao 1 de abril, na Fundación Eugenio Granell, na igrexa da Universidade e na Fundación Didac.

Axenda

Feira-Exposición de Planta de Galicia

Nesta edición, ademais de planta ornamental, forestal e froiteira, haberá tamén horta e complementos, todo o necesario para o mundo do viveirismo e dos centros de xardinería.

Do 15 ao 17 de febreiro, no Recinto Feiral de Amio.

Axenda

Concerto de órgano de Bruno Forst

Este concerto de órgano acompaña a presentación do libro Arte novamente inventada para aprender a tãnger, do músico e compositor Gonzalo de Baena (1540).

O venres 16 de febreiro, ás 20:00 horas, na igrexa da Compañía (Universidade).

Axenda

"O servidor de dous amos", por Talía Teatro, no Principal

Oito intérpretes en escena nun espectáculo de gran formato onde todo é posible, onde a mentira e a confusión son a base do xogo.

Do mércores 14 ao sábado 17 de febreiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Concerto a dúas bandas

A Banda Municipal de Música e o Conservatorio Profesional de Música únense para interpretar un repertorio de varios compositores.

O venres 16 de febreiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: