Luns 23 de outubro 2017

Axenda

"Alén dos xéneros", mostra no Auditorio de Galicia

Alén dos xéneros é unha selección de obras que percorren o panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os noventa ata a actualidade.

Ata novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"O Ceo en España. Os brigadistas austríacos na Guerra Civil Española", mostra no Colexio de Fonseca

A exposición recrea mediante fotografías, documentos e obxectos orixinais o periplo vital dos 1400 voluntarios austriacos, entre eles 43 mulleres, que chegaron a España tras a sublevación franquista.

Do 14 de setembro ao 31 de outubro, no Colexio de Fonseca.

Axenda

Exposición de esculturas do Mestre Mateo

A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.

Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.

Axenda

"Mise en Abyme", pinturas e acuarelas de Eduardo Batarda

Eduardo Batarda (Coímbra, 1943) é un dos artistas máis recoñecidos de Portugal e Mise en abyme a súa primeira exposición individual en España.

Do 11 de outubro ao 21 de xaneiro, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

"A intimidade da imaxe. Anna Turbau. Galicia 1975–1979"

Esta exposición peneira no arquivo fotográfico que Anna Turbau realizou entre 1975 e 1979 para presentar unha Galicia distinta a do discurso habitual.

Do 19 de outubro ao 10 de decembro, no Colexio de Fonseca.

Axenda

Mostra "Caminhos do ferro e da prata. Linhas do Douro e do Minho"

Da innegable importancia histórica da construción da liña férrea do Douro e do Miño dá conta unha exposición con documentos gráficos dun dos pioneiros da fototipia en Portugal, Emílio Biel, datados en 1887.

Do 12 de outubro ao 29 de novembro, na igrexa da Compañía (Universidade).

Axenda

Exposición "O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX"

Unha viaxe polos materiais didácticos e escolares relacionados coa cartografía e a xeografía escolar. Poderase sacar unha foto de "recordo escolar" cun mapa nas costas.

Do 15 de setembro ao 31 de decembro, no Museo Pedagóxico de Galicia.

Axenda

"Y", mostra de Álvaro Negro no CGAC

A exposición é unha mirada retrospectiva de Álvaro Negro ao seu traballo, incidindo nunha cuestión fundamental: o paulatino descubrimento dunha iconografía propia.

O 29 de setembro ao 4 de febreiro no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

Ciclo Audiovisual Premios Gaudí

A Academia Galega do Audiovisual organiza este ciclo coas obras premiadas na pasada edición dos Premios Gaudí, que otorga a Acadèmia del Cinena Catalá.

Do 23 ao 25 de outubro, con sesións ás 18:00 e ás 20:00 horas, no Salón Teatro.

Axenda

"Un cuarto propio", intervención artística na Zona C

Un cuarto propio é a primeira das intervencións seleccionada entre as propostas presentadas en creación en artes visuáis para a Zona "C" na modalidade de proxectos de comisariado.

Do 11 de outubro ao 10 de decembro, na Zona "C", en San Domingos de Bonaval.

Axenda

Xornadas de Música Contemporánea 2017

Artistas e formacións referenciais da música de culto e de vangarda danse cita un ano máis en Compostela.

Do 7 de outubro ao 25 de novembro, en diferentes espazos da cidade.

Axenda

Semana de Cine Euroárabe AMAL

Décimo quinta edición da Semana de Cine Euroárabe, Amal 2017, con 11 filmes: cinco documentais e seis longametraxes de ficción.

Do 23 ao 27 de outubro, no Teatro Principal.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.

Durante todo o ano, na Fundación Granell.

Compartir: