Xoves 2 de xullo 2020
Axenda
"Xirarei: deseño de cubertas no disco galego 1955/1995", mostra no Auditorio
Percorrido polo deseño gráfico que serviu para envolver e comercializar a nosa música.
Ata o 26 de xullo, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Concertos dos grupos instrumentais da Banda Municipal
Catro dos grupos instrumentais da Banda Municipal de Música ofrecen concertos dentro do seu Ciclo de Música de Cámara.
O xoves 2 de xullo, ás 19:00 h (praza das Praterías) e 20:00 h (Alameda).
O venres 3 de xullo, ás 19:00 h (praza das Praterías) e 20:00 h (rúa do Vilar)
Axenda
Verán nos centros socioculturais de Compostela
Este mes de xullo, os centros socioculturais de Compostela ofrecen unha variada programación de actividades para todas as idades.
Durante o mes de xullo, nos centros socioculturais.
Axenda
O legado de Carlos Maside, na Fundación Eugenio Granell
O Concello de Santiago e a Fundación Eugenio Granell acollen as obras do Legado Maside, adquiridas polo Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña, coa mostra Carlos Maside.
Ata finais de ano, na Fundación Granell.
Axenda
Toda a programación do Apego do mes de xullo
O programa Apego ofrece durante o mes de xullo un completo calendario de propostas para os máis cativos e cativas.
Durante o mes de xullo, en varios espazos.
Axenda
Festival USCénica 2020: do 1 ao 18 de xullo
A USC desenvolve o seu festival de artes escénicas, cunha ampla programación que inclúe danza, música e teatro.
Do 1 ao 18 de xullo, en varios espazos.